(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • “Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana cun concerto infantil e un espectáculo circense

    “Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana cun concerto infantil e un espectáculo circense

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 5 August, 2021

    • O martes 10 de agosto concerto infantil coa Banda do Verán ás 20:30h no Auditorio de San Benito e o xoves 12 de agosto Gran Gala de Circo a cargo de Pistacatro ás 20:30h no Auditorio de San Benito.
    • É preciso inscribirse nas actividades previamente en www.aguarda.es

    A programación do verán continúa na Guarda na vindeira semana con “Estamos no Verán”, actividades deseñadas para o público infantil e que terán lugar no Auditorio de San Benito.
    Por unha banda o martes 10 de agosto ás 20:30h o Auditorio de San Benito acolle un concerto infantil coa “Banda do Verán”, un espectáculo familiar totalmente participativo de música e danza, onde os máis pequenos poderán vivir o seu particular verán.

    O público atopará neste espectáculo cancións creadas por Xoán Curiel co verán como protagonista e diferentes estilos: pop, reggae, bossa nova… estará presente a danza través do vínculo co público da bailarina Pia Nicoletti durante todo o espectáculo.

    A Banda do Verán, é premiada cos Premios Martin Codax na Categoría Infantil e nos Frei Martin Sarmiento; ademais, o disco foi nomeado como “Mejor Álbum en Lengua Gallega” nos VI Premios da Música Independente.

    Continúa a programación o xoves 12 de agosto ás 20:30h no Auditorio de San Benito co espectáculo circense “Gran Gala de Circo”, unha das especialidades de PistaCatro. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros. O público gozará dun espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

    As actividades contan cun protocolo covid-19 de seguridade e un aforo reducido polo que é preciso realizar unha inscrición previa no seguinte link: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda

    Tag:A Guarda, cultura, espectaculos infantís, programación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Suspéndense as celebracións tradicionais das Festas do Monte debido á incidencia da crise sanitaria no municipio de A Guarda
    5 August, 2021

    Next post

    Portos de Galicia mantén pechado o peirao do ferri A Guarda-Camiña dende o día 27 de xuño
    5 August, 2021

    You may also like

    • A Guarda volverá contar con representación no Desfile de San Patricio de Madrid
      10 March, 2026
    • ‘Os contos do Lobicán’ ofrecen un espectáculo de monicreques cheo de valores educativos
      9 March, 2026
    • O Concello organiza unha exposición para que o alumnado coñeza a herdanza indiana na Guarda
      6 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy