DESCRIPCIÓN
O programa de barferencias 2016/17 que o Concello da Guarda ofrece aos veciños e veciñas consta de cinco ponencias nas que se tratarán temas tan interesantes e diversos como a minería de ouro ou a historia do Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), que este ano celebra o seu centenario, entre outros.
Dende o Concello agárdase que estas barferencias resulten interesantes e sexan desfrutadas polos guardeses e guardesas e poder así seguir, a vindeira tempada, organizando novas barferencias coas que debater e descubrir novos coñecementos nun ambiente distendido.
CONTIDOS
- A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro