As Mulleres Progresistas organizan unha serie de tres charlas entre outubro e novembro, que buscan promover a saúde física e mental baixo a lema ” Coídate muller!”.
A primeira delas ten lugar hoxe ás 20 h. no Centro Cultural da Guarda, e a encargada de dar comezo a estes faladoiros é Ana González Portela, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e Deporte. Falará sobre “O exercicio físico e a prevención de lesións musculares nas mulleres”.