DENTRO DO CICLO “MESTRE MATEO”
O sábado 7 de outubro ás 18:00 h no Centro Cultural.
Sinopse: Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa -que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións- anímaa sempre a perseverar: se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min- di a avoa- eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor longametraxe de animación