O Salón de Actos do Centro Cultural abre as súas portas o venres 17 de novembro, ás 21 h., para darnos a ocasión de desfrutar da película “Sully”, dentro do ciclo “Cinema de outono”.
Este drama basease na historia do piloto aéreo Chesley “Sully” Sullenberger, convertido en heroe despois de realizar unha aterrizaxe forzosa sobre o río Hudson, en Nova York, ó pouco de despegar cun avión cheo de pasaxeiros.