Lucinda e o inspector vinagre” é un evento lúdico e de lecer que vai dirixido a crianzas de 3 a 7 anos e as súas familias. Trátase dun espectáculo de contacontos xunto a unha serie de actividades educativas de músico/danza-terapia nas que participará toda a familia.
Mediante a música, a danza a manipulación de obxectos e a narración afondaremos nos valores e emocións relacionados coa flexibilidade, a tolerancia, a agresividade ou o amor e tamén nas calidades musicais de “Staccato”, “legato”, “forte” e “piano”.
Actividade a cargo de Maga de voz: https://magadevoz.com/inicio/