Dende o 7 ó 15 de agosto, no Centro Cultural da Guarda poderá visitarse a exposición “Arte do adentro” do colectivo SOMOSARTE. Nesta ocasión, mostrarán os seus traballos pictóricos Libia Domínguez, Nacho Martínez e Mónica Taboada, mentres que Adrián Pena, Ignacio Moure, Anxo Ferreira e Xuxo Malone exporán as súas esculturas.
O horario de apertura ó público é de 10 a 13 h. e de 19 a 22 h.