Back

Exposición “Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”

This event has expired

Arredor dunha estrutura de aluminio encrucillada, preséntanse imaxes de gran formato e breves textos, desenvolvéndose a historia da Casa en seis capítulos:

  1. A Casa e o tren: o porqué da elección da morada.
  2. Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885.
  3. Unha Casa santuario: as iniciativas da compra 1900-1940.
  4. A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
  5. O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e ‘ben vistos’.
  6. A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, coas achegas de miles de galegos e galegas de todo país e da emigración ábrese a Casa.