Este dúo formado por Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado) mestura a música, a poesía e os relatos nun percorrido musical co que as artistas dan visibilidade ao traballo de autoras como Clara Schuman, Violeta Parra, Guadi Galego ou Consuelo Velázquez, poñendo en valor a relevancia das mulleres creadoras na Cultura, «moitas veces relegadas a un segundo plano». A actuación comezará ás 12:30 horas na praza de San Marcos (xunto ao CIM) e será de acceso gratuíto.
Feminino Plural, música, poesía e relatos

Start Time
12:30 pm
Saturday, March 10, 2018
Finish Time
1:30 pm
Saturday, March 10, 2018
Address
Praza de San Marcos