O barrio da Cruzada deu comezo ás Festas de San Caetano o xoves 3, ás 21.00 horas, coa subida do arco floral. Continuán as xornadas festivas o venres, coa sardiñada a partir das 21.00 horas, seguida das actuación da orquestra Costa Blanca; e o sábado, coa gran verbena da man de Los Soprano e Ambar. Ámbolos dous días contarán co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira.
O domingo pola mañá será a quenda dos actos relixiosos, coa celebración da misa solemne ás 11.30 horas e a posterior procesión partindo da capela de San Caetano, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira e o coro parroquial. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, realizaranse as tradicionais puxas e, tras delas, o grupo de pop-rock guardés Songodin’s ofertará un concerto.