Back

Festival por Rosalía. Concerto do grupo “Evoéh”

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano 2019 contarase coa participación das asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

This event has expired

Concerto e lectura de poemas rosalianos.

O grupo Evoéh, é un sexteto composto por músicos de todo o territorio que fixo unha profunda investigación da obra de Rosalía e o coñecemento que esta tiña do cancioneiro popular galego. O froito desta investigación, recopilación e reelaboración é o último traballo, denominado “Árbore da vida”. Evoéh leva a obra de Rosalía a unha nova dimensión musical, sumerxindo ao público na atmosfera emocional de Rosalía.
O concerto estará acompñado da lectura de poemas a cargo de veciños e veciñas da Guarda.
A entrada será de balde ata completar o aforo.