Back

Presentación do libro Tierra de Leyenda: El legado de Breogán

This event has expired

Novela ambientada no sur da provincia de Pontevedra, con algún capítulo ambientado na contorna guardesa. 

Martín é, un rapaz sumido nas penurias da vida medieval de 1351, vese obrigado a sobrevivir da única maneira que sabe: ao marxe da lei. Un dos seus cometidos tórcese e deixao en mans do destino e da vontade de dous homes: Corvinus, un esquivo monxe da cidade de Tui, e Alfonso Guzmán, despiadado señor de Salvaterra do Miño.
Mais non todo será crueldade, algúns valentes liderados por un ilustre comerciante loitarán pola súa causa ata as últimas consecuencias.
 
✒️Tras facer os guións de diversos cortos, o polifacético Samuel Ferro (Vigo, 1987) lánzase na aventura de escribir unha triloxía sobre o pasado de Galicia. Esta é a primeira entrega. 

Event note:

https://linktr.ee/samuelferroescritor