De conformidade co artigo 31 da Lei 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, que establece que os responsables e encargados do tratamento ou, se é o caso, os seus representantes deberán manter o rexistro de actividades de tratamento mencionado no artigo 30 do Regulamento (UE) 2016/679, salvo que sexa de aplicación a excepción prevista no seu apartado 5, e facelo público mediante un inventario das súas actividades de tratamento accesible por medios electrónicos.
Este Concello elaborou os correspondentes Rexistros de Actividades de Tratamento, de conformidade co artigo 30 do Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 (RGPD), manténdoos actualizados e nos que consta a seguinte información:
- Nome e datos de contacto do Responsable do tratamento e, se procede, do Corresponsable do tratamento, do Representante do Responsable e do Delegado de Protección de Datos (DPD/DPO).
- Fins do tratamento.
- Descrición das categorías de persoas interesadas.
- Descrición das categorías de datos.
- Categorías de destinatarios.
- Transferencias de datos a terceiros países, coa identificación destes e documentación das garantías adecuadas.
Cando sexa posible:
- Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos.
- Descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
Unha vez establecidas as pautas para a confección dos Rexistros de Actividades de Tratamento, facilitamos o inventario dos Rexistros de Actividades de Tratamento