O sábado 19 de setembro retómase o mercadillo semanal dos sábado na Alameda da Guarda, só coa instalación dos postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos. Dende o consistorio local apélase á responsabilidade individual para que todo funcione …
O Conservatorio de Música da Guarda arranca este mércores o seu curso escolar 2020-2021 con todos os protocolos e as medidas sanitarias marcadas dende a Xunta de Galicia para garantir a seguridade dos alumnos e alumnas deste centro. O Alcalde …
❌ Debido ás restricións pola Covid-19 a xornada de escalada prevista para este sábado está APRAZADA ata novo aviso. A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte …
O Centro de Información á Muller da Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de “A nena que quería navegar” e “Invisibles”. O venres 18 de setembro ás 21:00h(APRAZADA) terá lugar a representación teatral de Invisibles”, …
O Concello da Guarda informa da apertura para das inscricións para o Curso de Pilates 2020- 2021, que terá lugar os martes e xoves en horario de 19:00h a 20:00h cun custo de 28,50€/mes. As inscricións realizarase na Oficina Municipal …
O vindeiro luns día 21 de setembro arrancan os novos cursos de informática na Aula CeMIT da Guarda, nesta edición contarase con varios cursos sobre Manexo do ordenador, Internet, Editor de textos e Smartphone. Programación de cursos: • Manexo do …
Entre as medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19 adoptadas polo Concello da Guarda en canto ós servizos e actividades acordouse a suspensión do mercadillo semanal dos sábados. Esta medida estará vixente dende hoxe venres día 11 de setembro ata …
• O concello limita o aforo nas praias de Area Grande e Fedorento e suspende o mercadillo do sábado. A Consellería de Sanidade estableceu esta mañá medidas restrictivas logo da reunión do subcomité clínico de expertos que se encarga de …
O Concello da Guarda pon en marcha o proxecto MERÉZOME UN RESPIRO (Concilia covid), programa de Respiro familiar co que responder ás necesidades das familias con persoas con diversidade intelectual residentes no Municipio. A actual situación vivida pola crise sanitaria …
A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de lanzar unha Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais que contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas …









