Este pasado sábado 19 de novembro tivo lugar, ás 11 horas na Casa dos Alonsos, a xornada de presentación das experiencias de mellora persoal e profesional dos participantes da iniciativa de formación que comezou co título “Sementando o teu futuro”.
Este xoves, 17 de novembro, ás 20’30 horas, culminará o ciclo de ponencias AFTERWORKS dirixidas a profesionais do Sector do Comercio da Guarda. As sesións rematarán con esta cuarta cita, tras as tres ponencias realizadas polas empresas Frutas Nieves, Cervezas …
Este luns estiveron no concello da Guarda dous deputados do parlamento español pola provincia de Pontevedra, Lola Galovart e Guillermo Meijón, nunha reunión de traballo co alcalde e os concelleiros do grupo de goberno da vila para concretar as enmendas …
Con data 1 de marzo de 2016 o concello da Guarda remitiu a Deputación de Pontevedra o abeiro das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016 a solicitude de varias subvencións.
Este xoves, 10 de novembro, a Casa dos Alonsos volve a coller unha nova sesión de AFTERWORKS ás 20’30 horas. Trátase da terceira data desta iniciativa organizada dende o Concello da Guarda e dirixida a profesionais do Sector do Comercio.
Coas datas do Nadal cada vez máis próximas, a OMIX da Guarda quere axudar a todos os que desexen darlle ós seus agasallos un toque especial.
A Casa dos Alonsos acolleu este xoves, ás 20’30 horas, a primeira sesión das ponencias de AFTERWORKS. Comeza así a primeira das catro citas organizadas dende o Concello da Guarda e que están dirixidas a profesionais do Sector do Comercio.
O 12 de novembro terá lugar na Guarda unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude. Nesta xornada aprenderemos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas.
No último pleno aprobouse a proposta de Alcaldía, co apoio do BNG, solicitar a inclusión do Concello da Guarda na Área Metropolitana de Vigo.
No último pleno aprobouse definitivamente, a proposta da Alcaldía, o novo Regulamento de Limpeza pública e recollida de lixo do Concello da Guarda cos votos en contra do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego.



