O alcalde explica a situación das obras de mellora do campo de fútbol da Sangriña
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, xunto co concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba, explica a situación actual do campo de fútbol da Sangriña.
As obras acumulan retraso na súa execución polo incumprimento dos prazos por parte da empresa.
O Concello está xa a traballar para subsanar as deficiencias canto antes e poder rematar as melloras da cantina e de acceso.
O alcalde pide “desculpas á afección, pais e nais, persoas usuarias e aos equipos de fútbol por todas esta situación”.



