O autor guardés Francisco Álvarez Koki publica un novo libro infantil inspirado na vila
O autor guardés Francisco Álvarez Koki publicou un novo libro infantil co apoio do Concello da Guarda. O libro, dirixido aos máis pequenos da casa, ten como punto de partida A Guarda para dar paso a unha aventura pola costa de Oia e máis alá.
A participación guardesa esténdese tamén aos debuxos, obra de Emilio Baz Pacheco. A historia infantil de fantasía e aventura pode lerse en tres idiomas: galego, castelán e inglés, sendo unha oportunidade para ir aprendendo a ler nestas linguas.
O libro xa se atopa tamén na Biblioteca Municipal da Guarda, así como en diversas bibliotecas escolares da Guarda.



