O Concello da Guarda mellora as cunetas da rúa Brasil
No mes de outubro o Concello da Guarda mellorou o asfaltado das cunetas da rúa Brasil. Deste xeito, melloráronse as zonas que os vehículos usan como aparcamento ou os peatóns para pasar e así evitar caídas cun firme máis seguro.
Ademais, con esta medida axúdase a que a auga das chuvias discorra de xeito máis fluído evitando a formación de grandes charcos.



