(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Servizos sociais

    • Home
    • Servizos sociais
    • Presentación da exposición da Cruz Vermella “En familia por dereito”, que se pode visitar no Concello da Guarda ata o 21 de outubro

    Presentación da exposición da Cruz Vermella “En familia por dereito”, que se pode visitar no Concello da Guarda ata o 21 de outubro

    • Posted by Concello
    • Categories Servizos sociais
    • Date 17 October, 2016

    Este luns 17 de outubro, ás 12:00 horas, tivo lugar no Concello da Guarda a presentación da exposiciónde Cruz Vermella “En familia por dereito”, á que acudiron Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; María Teresa Vicente Baz, Concelleira de Servizos Sociais da Guarda; José María Salcidos, Presidente comarcal de Cruz Vermella do Baixo Miño; e unha familia acolledora da comarca.

    Este luns 17 de outubro, ás 12:00 horas, tivo lugar no Concello da Guarda a presentación da exposiciónde Cruz Vermella “En familia por dereito”, á que acudiron Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda;María Teresa Vicente Baz, Concelleira de Servizos Sociais da Guarda; José María Salcidos, Presidente comarcal e outros representantes de Cruz Vermella do Baixo Miño; e unha familia acolledora da comarca.

     

    A exposición encádrase dentro dunha campaña da Cruz Vermella do Baixo Miño creada como parte do proxecto para promover o acollemento familiar. O obxectivo principal é animar ás familias a acoller a menores de idade, proporcionando así un entorno familiar como alternativa á estancia nun centro de protección. As familias poden ter moi diversos perfís, podendo acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito que teña a capacidade necesaria para proporcionar os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que necesitan os menores que por diversas problemáticas das súas familias precisan un novo fogar.

     

    A presentación consistiu na inauguración dunha exposición que consta de 8 paneis informativos con imaxes que se poderá visitar no vestíbulo do Concello da Guarda ata o venres 21 de outubro. Nestes paneis achégase a visión, experiencia e historias de familias acolledoras, así como de persoas agora adultas que foron acollidas e contan as súas vivencias.

     

    Durante o acto o alcalde e a concelleira intercambiaron unhas palabras cunha nai de acollida da comarca e con representantes de Cruz Vermella sobre a campaña e se interesaron sobre os resultados da mesma. Dende Cruz Vermella o teñen claro: son necesarias iniciativas como esta para dar a coñecer o programa de acollida e que a xente poda reflexionar e decidir se desexan converterse en familia de acollida. É unha decisión que debe meditarse pero o certo é que quen se decide, repite. Afirman que o 90% das familias de acollida repite a experiencia polo que o balance global é na súa maioría moi positivo.

     

    O obxectivo de Cruz Vermella do Baixo Miño é dar a coñecer esta campaña e que se amplíe o número de familias de acollida na comarca. Para saber máis sobre as historias expostas no edificio do Concello da Guarda, ou para obter máis información sobre a campaña e o programa de acollida poden consultar a web www.acollementofamiliar.org ou chamar ao teléfono 900 812 880.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    O Concello da Guarda aumenta a dotación de medios para emerxencias
    17 October, 2016

    Next post

    A Guarda acolle a terceira edición do Trail do Trega este domingo 27 de novembro
    23 November, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy