Rematan os obradoiros TARDEO da OMIX
O sábado púxose fin aos obradoiros TARDEO organizados pola OMIX do Concello da Guarda.
O último deles consistiu en realizar cadros con areas de cores. Pero durante o mes de outubro tamén se realizaron obradoiros de movemento, como o combate escénico e a danza acrobática, ou manuais como o de aplicacións en crochet.
Moitas grazas ás asociacións que aportaron estes obradoiros e ás persoas participantes pola acollida!



