Un torneo de billar solidario recolle xoguetes para as familias máis necesitadas da Guarda
O Concello da Guarda e o Club de Billar A Guarda únense nestas datas tan especiais pola solidariedade coas persoas máis necesitadas.
Por iso, organízase para o próximo domingo 14 de decembro un torneo de billar solidario. A inscrición pode facerse a través do teléfono 604 05 49 48 e consistirá na doazón dun xoguete. Haberá un máximo de 16 xogadores.
Para todas aquelas persoas que queiran doar xoguetes, habilitáronse diferentes puntos colaboradores: os bares O Pescador e O Xardín, a copistería Quisqueya, en Finetwork e na planta baixa do Concello da Guarda.
Todos os xoguetes que se recollan destinaranse a asuntos sociais do Concello para que a súa distribución entre as familias máis necesitadas.



