Unha exposición da Sociedade Filatélica conmemora o 150 aniversario do Colexio Apóstol de Santiago
Unha exposición filatélica conmemora o 150 aniversario do histórico Colexio Apóstolo Santiago instalado en Camposancos en 1875 desenvolvendo o seu labor académico ata 1916.
A exposición inaugurarase o venres 31 de outubro ás 20:00 no salón da Comunidade de Montes de Camposancos. Está organizada pola Sociedade Filatélica Numismática Guardesa e conta coa colaboración do Concello da Guarda, da Deputación de Pontevedra, da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e da Comunidade de Montes de Camposancos.
A exposición estará aberta a visitas o sábado e domingo de 11:00 a 13:00h e de 18:00 a 19:00h e do luns 3 ao mércores 5 de 18:00 a 19:00 horas.
Contará cun selo personalizado e un cuño; así mesmo publicarase un boletín coa colaboración de Joaquín Miguel Villa quen finalizará o acto de inauguración cun relatorio sobre o colexio.



