Xa están abertas as inscricións para a carreira pedestre Julia Vaquero
A XXIII Carreira pedestre popular Julia Vaquero celebrarase o sábado 13 de setembro dentro da programación das Festas das Mercedes.
As carreiras comezarán a partir das 18:00 horas na Gándara con categorías masculina e feminina en diferentes rangos de idades, con distancias adaptadas para as mesmas. Deste xeito, a carreira pedestre Julia Vaquero quere dar a oportunidade de participar a todos e todas.
Todas as persoas que queiran participar poden inscribirse de xeito gratuíto ata o luns 8 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no correo opercamino@hotmail.com; pero tamén poderán facelo no mesmo día na mesa de secretaría da carreira entre as 16:30 e as 17:30 horas.



