Xornadas de portas abertas nos CEIP Sinde e As Solanas
Mañá dous centros escolares guardeses abren as súas portas antes de abrir o prazo de novas matrículas para o curso 2026/7.
Trátanse de centros con moitas actividades e obradoiros para o seu alumnado, biblioteca e con gran participación das familias.
O CEIP As Solanas terá a súa xornada de portas abertas o martes 24 ás 16h; e ás 17:30h abrirá as súas portas p CEIP Manuel Rodríguez Sinde. O Sinde tamén abrirá as súas portas o martes 3 de marzo ás 16h.




