(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • 11 Asociacións da Guarda decoran a vila coa temática mariñeira

    11 Asociacións da Guarda decoran a vila coa temática mariñeira

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 17 December, 2019

    O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, visitaron na mañá deste martes día 17 de decembro diferentes espazos da vila, decorados na acción “Decora o teu Nadal 2019-20”, que contou este ano coa participación dun total de 11 asociacións e colectivos guardeses, que axudaron a embelecer A Guarda coa temática mariñeira, elección deste ano para engalanar a vila.

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, quixo amosar o seu agradecemento a todos estes colectivos pola súa implicación nas diferentes actividades que se realizan na vila ao longo do ano e, especialmente, na súa participación en “Decora o teu Nadal 2019-20”, onde quedou de manifesto o seu bo facer e compromiso co pobo onde levan a cabo a súa actividade, destacando a orixinalidade e beleza da decoración, realizada, na súa meirande parte, con material de refugallo.

    Antonio Lomba destacou que esta colaboración foi esencial para poder contar na Guarda cunha decoración de nadal, feita con moito traballo, esmero e cariño por parte dos diferentes colectivos involucrados, 11 en total: San Xerome, Coiro Vello, Mulleres Progresistas, ASCD TransMiño, Coro Arpegios Cantábile, Studio 88, Xamaraina, Fundación Las Samaritanas, Vento Mareiro, Avelaiña e Piueiro.

    O Concello da Guarda fixo entrega tamén duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas este Nadal na Guarda.

    Dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

    Mercado de Nadal

    Dende a pasada fin de semana a Praza Avelino Vicente(As de Copas) conta xa cun Mercado de Nadal, un espazo que abre as súas portas todos os días de 10:00h da mañá a 21:00h da noite e que contará con máis dunha ducia de stands con produtos coma herbas mediciñais, ambientadores, artesanía, bixutería, complementos, entre outros.

    Ademais de contar as fins de semana con stands con oferta gastronómica entre a que destaca viño quente, cafés, ponches, chocolate quente, muffins, crepes, e moito máis. Este Mercado de Nadal estará aberto ata o 6 de xaneiro.

    Pista de Xeo

    A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

    O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

    Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.

    AXENDA DE NADAL 2019/20

    Descargar Axenda aquí

    DECEMBRO

    – XOVES 19 DECEMBRO
    Obradoiro “Agasallos de nadal”
    Na casa dos Alonso ás 18:00 (inscripción previa en información@aguarda.es, maiores de 12 anos)
    Concerto de Nadal do Conservatorio
    No Centro Cultural ás 20:00 h.

    – SÁBADO 21 DECEMBRO
    Chocolatada ACIGU
    No Monterreal a partir das 10:00 h.
    Cantos de Nadal nas prazas cos Grupos Folclóricos da vila.
    Recorrido: Alameda – Avelino Vicente – Praza do reló, a partir das 18:30 h.

    – DOMINGO 22 DECEMBRO
    Concerto de Panxoliñas.
    Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.

    – LUNS 23 DE DECEMBRO
    Ludoteca de Nadal.
    Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

    – MARTES 24 DE DECEMBRO
    Ludoteca de Nadal
    Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

    – XOVES 26 DE DECEMBRO
    Tarde de Xogos de mesa con Brazolinda.
    Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
    Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por J.M. Villa.
    No bar A Bodega ás 20:30 h.

    – VENRES 27 DECEMBRO
    Espectáculo Infantil de Clown “Cartoons”
    No Centro Cultural ás 17:30 h.

    – SÁBADO 28 DECEMBRO
    Concerto de Indie Rock co grupo Inertes.
    Na Praza do Reló ás 20:00 h.

    – LUNS 30 DECEMBRO
    Ludoteca de Nadal
    Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

    – MARTES 31 DE DECEMBRO
    Ludoteca de Nadal
    Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

    XANEIRO

    – XOVES 2 XANEIRO
    Obradoiros de Nadal
    Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
    Chocolatada ACIGU
    No Monterreal a partir das 16:30 h.

    – VENRES 3 XANEIRO
    Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
    Na praza do reló ás 17:30 h.

    – SÁBADO 4 XANEIRO
    Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
    Na Praza do Reló ás 20:00 h.

    – DOMINGO 5 XANEIRO
    Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
    Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

    EXPOSICIÓNS

    – Exposición dereitos Humanos e Diversidade afectivo sexual e de xénero.
    Na casa dos Alonso do 4 ó 18 de decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

    – Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño
    Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.

    – Exposición de Pintura “anetadocamilo”
    Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

    E ADEMAIS…

    PISTA DE XEO
    Do 5 de Decembro ó 19 de Xaneiro
    Na Alameda

    MERCADO DE NADAL
    Do 13 de Decembro ó 6 de Xaneiro
    Na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

    SORTEOS ACIGU

    Tag:A Guarda, cultura, Decora o teu Nadal

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Últimos días de inscrición para o Obradoiro de agasallos de Nadal na Guarda
    17 December, 2019

    Next post

    A Guarda inaugura este sábado a Exposición de Pintura «anetadocamilo»
    18 December, 2019

    You may also like

    • A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
      5 November, 2025
    • A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”
      4 November, 2025
    • A Asociación das Alfombras organiza unha xornada de obradoiros para os máis pequenos
      3 November, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy