Aviso Urxente: Petición de uso responsable da auga para evitar ter que realizar cortes no suministro
AVISO URXENTE
O Concello da Guarda informa que debido ás inclemencias climatolóxicas producíuse unha avaría eléctrica no sistema de bombeo de auga potable de Carballidos, quedando este iinoperativo. Do mesmo xeito dende a Estación Depuradora de Tui se nos comunica que tamén se rexistrou unha avaría nos seus sistemas o que lles imposibilita suministrarnos auga temporalmente.
Solicitamos polo tanto á cidadanía guardesa, que ata novo aviso, faga un uso responsable da auga para evitar ter que realizar cortes no suministro.
Tanto a avaría da Guarda coma a de Tui están sendo reparadas nestes intres.
Tag:Auga, avisos, consumo responsable