(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • 8 alumnos comezaron esta semana coma voluntarios do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

    8 alumnos comezaron esta semana coma voluntarios do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Patrimonio
    • Date 4 October, 2018
    Despois do inicio das escavacións o pasado 24 de setembro, esta semana 8 alumnos das Universidades de Coimbra, Vigo e Santiago incorporáronse aos traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    Despois do inicio das escavacións o pasado 24 de setembro, esta semana 8 alumnos das Universidades de Coimbra, Vigo e Santiago incorporáronse aos traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    Mar Cortegoso, directora das escavacións, manifestou a súa ledicia porque xente nova e formada teña esta oportunidade única de traballar nestas escavacións, recalcando que para moitos deles esta é a primeira vez que realizan un traballo de campo nunha intervención deste tipo. Segundo explicou, os alumnos están a traballar como persoal en formación atendendo ás explicacións e aprendendo día a día as tarefas de escavación e rexistro, propias dunha escavación arqueolóxica. Esta semana comezaron tamén as labores de debuxo de parte da zona escavada, actuación enmarcada no proxecto que servirá para documentar a morfoloxía da salina.

    A escavación, dirixida por Mar Cortegoso e levada a cabo pola empresa P&A Arqueólogos, conta para a súa execución con persoal contratado, conforme ao convenio que regula a actividade arqueolóxica en Galicia. A participación de alumnado en prácticas é unha actividade que permite complementar a formación especializada co respecto á profesionalización da arqueoloxía.

    O avance das escavacións é extraordinario e, pouco a pouco, van saíndo á luz moitas partes deste complexo salineiro do Seixal, coma as estruturas que delimitan as zonas de cristalización do sal e os pavimentos. Debido ao éxito acadado na zona escavada, os responsables dos traballos barallan ampliar a zona de estudo coa realización de sondaxes na contorna.

    O vindeiro sábado día 13 de outubro realizarase a primeira visita guiada a estas escavacións, que correrá a cargo de Agustín Ferreira. As persoas interesadas en asistir poden realizar a súa inscrición a través do enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557.

    «A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

    O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

    O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

    O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos.

    Despois do inicio das escavacións o pasado 24 de setembro, esta semana 8 alumnos das Universidades de Coimbra, Vigo e Santiago incorporáronse aos traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal».

    Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno.

    As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. A datación destas estruturas inda non está definida. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía.

    O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

    Tag:A Guarda, a guarda mar de sal, arqueoloxía, Camposancos, escavación, salinas, seixal

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda conta esta fin de semana con exposicións, cinema, deporte e actividades infantís
    4 October, 2018

    Next post

    A Guarda dota de internet de alta velocidade ao Pavillón Municipal
    4 October, 2018

    You may also like

    • A Festa das Letras celebra na Guarda as letras galegas en honra ás cantareiras
      12 May, 2025
    • A Guarda pon en valor o patrimonio etnográfico e paisaxístico do Baixo Miño
      6 May, 2025
    • A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      2 May, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy