(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • CONTINÚA A “V MOSTRA DE TRADICIÓNS MARIÑEIRAS” NO PORTO DA GUARDA

    CONTINÚA A “V MOSTRA DE TRADICIÓNS MARIÑEIRAS” NO PORTO DA GUARDA

    • Posted by Concello
    • Categories Turismo
    • Date 25 July, 2015

    A primeira xornada do evento congregou a decenas de persoas nas diferentes actividades.

    Onte, venres 24 de xullo, celebrouse a primeira xornada da “V Mostra de Tradicións Mariñeiras” organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello da Guarda.

    Dende ás 18 horas, momento da inauguración da mostra na carpa instalada no porto da localidade, foron moitas as persoas que se achegaron para desfrutar das exposicións, participar nos obradoiros e como non, escoitar a “Revista Oral” presentada por Paco Lodeiro e na que participaron diferentes veciños e veciñas da localidade.

    Este último evento, que estivo presentado polo alcalde do municipio, Antonio Lomba e que comezou ás 22 horas, contou coa participación de Carmen Barbosa, presidenta da Asociación das Redeiras Atalaia e de Rita Martínez, tamén redeira. Estas dúas veciñas da Guarda falaron do traballo, pouco recoñecido, das mulleres que elaboran e arranxan para que os mariñeiros poida saír a faenar. Ademais explicaron, por exemplo, os tipos de redes que existen e como se elaboran cada un deles e como, có paso do tempo, foron cambiando os materiais que se usan.

    Tamén estivo José Benito González, mariñeiro guardés que, traballou, moitos anos, nos barcos costeiros que capturaban a langosta. Como moitos outros mariñeiros comezou a ir ó mar dende neno polo que contou moitas e moi interesantes vivencias. Coa colaboración de outros mariñeiros, fixo unha demostración do amarre dos barcos no porto e de como se pode cortar un cabo ou corda sen ningún utensilio.

    Manuel Álvarez, autor das fotografías do libro “Gameleiros” tamén participou nesta charla e falou da importancia da gamela ó longo das décadas no municipio.

    Os veciños Brito e Celestino, expertos en embarcacións, explicaron por exemplo as similitudes sa “maseira ancorense”, pertencente a Ancora, localidade portuguesa, coa gamela galega.

    Todo isto estivo amenizado polo grupo “Pandemonium”, grupo de música tradicional.

    A pesar de que este foi o evento que máis xente congregou, ó longo da tarde as exposicións instaladas tanto na carpa coma na nave de redeiras tiveron moita afluencia de público. Foron moitos os veciños que se achegaron para coñecer as fotografías de Manuel Álvarez ou para, a través dos paneis de Aurora Rego, coñecer a “Familia de pescadores de ascendencia galega”.

    Moitos nenos e nenas divertíronse nas pequenas embarcacións colocadas nunha piscina lúdica ou remando nas máquinas.
    Rapaces e maiores gozaron observando o obradoiro de vidro.

    A xornada de hoxe

    Hoxe, sábado 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Apóstolo, o evento continúa. Ademais de estar abertas todas as exposicións e tamén a taberna mariñeira, dentro da carpa, haberá moitas actividades novas.
    Pola tarde estarán abertos diferentes obradoiros, como o de cestería ou cordería, e o de foguetes de auga.

    Así, polo paseo do Porto estará instalado un mercado mariñeiro e haberá diferentes xogos populares para o desfrute de nenos e maiores.

    Os restaurantes do Porto ofrecerán pratos de cociña mariñeira tanto á hora de xantar coma á da cena e, ás 22,30 horas, comezará, na carpa, o Serán Mariñeiro. Esta actuación congregará a moitos grupos de folclore no escenario e animará a mostra ata ben pasada a media noite.

    O domingo, a “V Mostra das Tradicións Mariñeiras” pechará có obradoiro “Ponlle as pilas ó teu bocata”, que comezará ás 19 horas e está dirixido a rapaces de entre 4 e 14 anos, e coa actuación do grupo “Pelepau”, que dará comezo ó seu directo ás 21 horas.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Abril, mes do libro na Biblioteca Municipal
    25 July, 2015

    Next post

    Aprazado o Desfile-Concurso de Entroido da Guarda
    8 February, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy