(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Vías e obras

    • Home
    • Vías e obras
    • Concello e Deputación presentan as propostas para o novo acceso ao Porto da Guarda

    Concello e Deputación presentan as propostas para o novo acceso ao Porto da Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Vías e obras
    • Date 26 December, 2017

    Esta mañá tivo lugar na Casa dos Alonso a presentación dos estudos de trazado do proxecto de construción do novo acceso ao Porto da Guarda. Presidiron o acto o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; o enxeñeiro redactor do documento, Francisco Javier Zubía; o deputado provincial de Cooperación, David Regades; e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez.

    O rexedor local quixo salientar, antes de dar comezo á presentación dos distintos trazados viables propostos, que este é o “primeiro paso en firme” cara a elaboración dun proxecto de execución que permita a construción dunha estrada que facilite o acceso do tráfico pesado ao Porto guardés.

    Nesta liña, Antonio Lomba destacou a vinculación entre este novo proxecto e o plan de humanización da rúa Concepción Arenal, toda vez que o novo acceso sur ao Porto permitirá desconxestionar o centro da vila e que “os veciños e veciñas desfruten das rúas” e non sufran as consecuencias do paso do tráfico portuario polo casco urbano.

    “Compre facer unha nova infraestrutura para que a Guarda teña un acceso digno”, afirmou Uxío Benítez, que sinalou a necesidade de que a Xunta de Galicia se involucre no proxecto, toda vez que a zona portuaria é competencia da Administración autonómica.

    David Regades destacou a importancia do proxecto, sinalando o de hoxe como “un día histórico” no que se da solución á unha problemática de longo percorrido na Guarda. Segundo explicou o deputado, a actuación da Deputación de Pontevedra neste proxecto é “unha excepción” que se leva a cabo a causa da “inacción da Xunta de Galicia”. “Este é o único proxecto destas característica se fai dende a Deputación”, aclarou Regades, que definiu a necesidade do novo acceso á zona portuaria como “unha débeda histórica coa Guarda”.

    Trazados posibles

    O enxeñeiro presentou, deseguido, as tres propostas viables para realizar a nova estrada que permita o acceso do tráfico pesado á zona portuaria, con distintos enlaces entre a estrada PO-552 e o paseo marítimo da Guarda (sinalados en cor azul escuro, laranxa e azul claro na imaxe que se achega máis abaixo).

    Dende o Concello da Guarda valórase como “máis interesante” a alternativa que inclúe unha vía paralela á PO-552 e ó paseo marítimo, con enlaces nas zonas de Santa Catalina e Fonte Quente (trazado en cor laranxa na imaxe adxunta), pois esta non afectaría ao carácter humanizado do que goza o paseo na actualidade e permitiría a expansión urbana cara esa zona.

    O orzamento medio total acadaría, de forma aproximada e segundo se establece nos estudos de trazado, os 2.700.000€, un custe que se agarda sexa asumido conxuntamente polo Concello da Guarda, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

    O estudo será enviado proximamente á Xunta para que os órganos autonómicos competentes na materia elaboren os informes sectoriais que correspondan. A partir deses informes, decidirase cal é o trazado que se deberá acometer e elaborarase o proxecto de execución. O proceso, que pode prolongarse durante anos, será levado dende o Concello coa “maior celeridade posible”, agardando ter listo o proxecto de execución durante o ano 2018.

    Tag:Acceso ao Porto, Deputación de Pontevedra, Porto da Guarda, proxecto

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do mércores 27 ao domingo 31 de decembro
    26 December, 2017

    Next post

    O ciclo «Cinema de Nadal» trae dous novos filmes para o público infantil ao Centro Cultural
    27 December, 2017

    You may also like

    • O alcalde explica a situación das obras de mellora do campo de fútbol da Sangriña
      12 March, 2026
    • As obra da rúa Rosalía de Castro buscan a mellora seguridade peonil e de usuarios da Alameda
      27 February, 2026
    • A zona da Atalaia da Guarda rehabilítase con zonas verdes e de descanso e aparcamentos
      24 February, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy