(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Desenvolvemento local

    • Home
    • Desenvolvemento local
    • O Fondo Galego contribuíu a paliar a emerxencia alimentaria nos campamentos saharauís

    O Fondo Galego contribuíu a paliar a emerxencia alimentaria nos campamentos saharauís

    • Posted by prensa
    • Categories Desenvolvemento local, Xerais
    • Date 23 January, 2018

    O Fondo Galego, do que o noso concello é socio, respondeu ao chamamento realizado en 2017 á comunidade internacional achegando 6.000 euros que canalizou Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O esgotamento das reservas de alimentos básicos e produtos micronutrintes puxo en risco á poboación refuxiada afectada pola malnutrición e a anemia.

     O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinou en 2017 un total de 6.000 euros á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, en Alxeria. A devandita axuda humanitaria facilitóuselle á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), que á súa vez a canalizou a través das autoridades locais e da Media Lúa Vermella, que realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia.

    O esgotamento das reservas de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigou ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, de aí o chamamento á comunidade internacional para incrementar as doazóns.

    O Fondo Galego colaborou en varias ocasións con Sogaps para mellorar as condicións de vida das refuxiadas e refuxiados do Sáhara, principalmente en materia de sanidade e alimentación. A última foi en 2016, cando se cofinanciou con 10.000 euros a reconstrución dun centro sanitario que fora derrubado polas intensas chuvias do ano anterior. Así mesmo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten apoiado a distintas poboacións refuxiadas, como a palestina ou a siria, con accións de emerxencia e declaracións institucionais nas que reclamaba medidas ás altas instancias políticas para atallar as verdadeiras causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos.

    O Fondo Galego de Cooperación

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 91 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.

     

    Tag:2017, Campamentos saharauis, Concello da Guarda, Cooperación, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Provisión alimentaria, Solidariedade

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Concello convoca unha xuntanza informativa sobre a humanización de Concepción Arenal
    23 January, 2018

    Next post

    A Guarda homenaxeará aos fundadores do Hospital Casa-Asilo no centenario da súa xuntanza
    23 January, 2018

    You may also like

    • A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
      1 April, 2026
    • A Guarda non terá citas para DNI e pasaporte ata maio
      31 March, 2026
    • O guardés Juan Collazo elaborará o seu sándwich finalista do concurso de Delikia para toda A Guarda
      29 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy