Charla informativa para dar a coñecer aos veciños e veciñas da Guarda o programa “Familias de Acollida”
A cita é o xoves, día 19 de novembro, no Centro Cultural
O Concello da Guarda, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha charla explicativa e formativa para dar a coñecer aos veciños e veciñas da localidade o programa “Familias de Acollida”.
Este encontro, que terá lugar o xoves, día 19, ás 18 horas no Centro Cultural guardés, o que busca é explicar que é e que significa realmente converterse nunha familia de acollida, os motivos polos que os nenos o as nenas están dentro deste programa, as características dos menores e as súas situacións.
Para cumprir este obxectivo, ademais de traballadores de Cruz Vermella, na charla estarán presentes persoas que xa foron familias de acollida para, de primeira man, contar a súa experiencia.
Ser familia de acollida significa acoller, de forma temporal, a un neno ou nena para axudarlle a superar unha situación difícil dentro da súa familia de orixe ou antes da súa adopción.
Con esta xuntanza, o Concello da Guarda e a Cruz Vermella, queren animar aos veciños e veciñas da Guarda a coñecer este programa e tamén a participar de forma activa nel.
Aquel que precise máis información pode dirixirse o departamento de Educación Familiar ou a OMIX do Concello da Guarda.