ACONDICIONAMENTO DO AUDITORIO DE SAN BIEITO DO CONCELLO DA GUARDA
O Concello da Guarda está realizando diferentes obras e traballos en distintos puntos da localidade para acondicionar as súas instalacións para a época estival.
Ademais de limpar as praias ou colocar distintos contedores de recollida selectiva, o Concello traballou no acondicionamento do Auditorio de San Bieito. Cunha máquina de auga a presión, os traballadores municipais, sacaron toda a sucidade que impregnaba as gradas e a zona que fai de escenario.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Vías e Obras, Miguel A. Español, revisaron durante a semana pasada os traballos que xe fixeron no Auditorio. Dende o Concello o que buscan é ter nas mellores condicións todos os espazos e instalacións para que, tanto os veciños e veciñas da localidade, como a multitude de visitantes que chegan A Guarda durante os meses de verán, gocen das actividades programadas e da súa estancia na vila.
Durante os próximos días os traballos continuarán en diferentes puntos do municipio.