(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Guarda supera con éxito a XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

    A Guarda supera con éxito a XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 8 July, 2018
    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.
    O Concello da Guarda acolleu do venres 6 ao domingo 8 de xullo a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento gastronómico, que conta cunha gran traxectoria, ofertou durante toda a fin de semana un total de 24 pratos da cociña mariñeira ademais de sobremesas, acompañados dos caldos da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

    A afluencia de comensais e visitantes foi extraordinaria ao longo destas tres xornadas de festa, superándose todas as expectativas, público que visitou A Guarda dende todas partes de España e Portugal.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    A Concelleira de Turismo do Concello da Guarda, Montserrat Magallanes valorou esta XXVIII edición como a mellor das últimas 5 edicións, cunha extensa programación de actividades para todos os públicos que motivou unha masiva resposta por parte dos comensais. Os hostaleiros resaltaron que a venda de produtos foi un éxito, tendo que facer acopio de máis materia prima ante a gran “avalancha” de comensais, que dende o primeiro día desta festa, se desprazaron ata a carpa do porto para degustar e gozar da gastronomía galega e da cociña mariñeira.

    Os comensais valoraron a ampla oferta gastronómica, cun total de 24 pratos da cociña mariñeira, viños da D.O. Rías Baixas e sobremesas onde non faltou a recoñecida Rosca de Xema Guardesa.

    O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, foi o responsable de dar o pregón desta edición o pasado venres ante máis de 200 persoas que se congregaron na Praza do Reló da Guarda.

    Neste acto, que estivo presentado pola comunicadora Beti Rey, interviron a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o pregoeiro, Nancho Novo, que foi agasallado polo alcalde coa Langosta de Ouro da vila.

    Tralo pregón realizouse a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde veciños e visitantes degustaron os produtos do mar e da cociña mariñeira. Sobre as 22:30h Nancho Novo realizou o seu espectáculo “El Cavernícola”.

    A afluencia de público e comensais na xornada do venres foi moi importante, os restauradores participantes nesta edición afirmaron que “superáronse as expectativas para a primeira xornada con creces” “tivemos que facer acopio de produtos que tiñamos para a segunda xornada polo que o balance desta primeira xornada da festa é moi positivo”.

    Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizouse un serán mariñeiro contando coas actuacións de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizaron esta noite.

    Xa na xornada do sábado 7 de xullo a Programación de actividades comezaba sobre as 11:00h co pasarrúas do Grupo A Boalleira da Gándara, dando lugar a apertura da Feira de Artesanía, que nesta edición contou cunha trintena de stands, localizados no Paseo do Porto.

    Sobre as 12:00h do mediodía tiña lugar a XXIII Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento deportivo que congregou a máis de 50 deportistas que competiron en diferentes categorías nun percorrido de 1200m. Nesta XXIII edición resultaron gañadores absolutos Marcos Martínez Martínez e Antía Ortego Porta, entregándose ademais premios para o Nadador máis xove, Hugo Calvo Castro, o nadador máis veterano, Juan Enrique Salgado González, a nadadora máis xove, Laura Blanco Pérez para a nadadora máis veterana, Iria Álvarez Nion.

    O Grupo Acevedos Delgados foi o encargado de amenizar musicalmente a hora do xantar, onde a afluencia de comensais voltou a ser moi significativa, ao igual que na xornada inaugural do venres, superando novamente as expectativas.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Pola tarde os máis cativos gozaron dos inchables acuáticos e co espectáculo de Maxia realizado por Valeria Varitas.

    Ás 21:00h o cómico e monologuista Oswaldo Digon realizou unha actuación baseada nas experiencias do día a día, historias que ten escoitado e que a cotío suceden á maioría de nós, un momento que foi seguido pola gran afluencia de comensais que xa se preparaban para o xantar na carpa do Porto.

    Un dos espectáculos máis agardados chegou nesta noite coa actuación do Grupo MITIC, onde a gaita foi a protagonista acompañada doutros instrumentos de vento, corda e percusión. Máis de 15 músicos ofreceron un concerto no exterior da carpa cunha proposta diferente onde reinventaron aos clásicos do rock e do pop con versións de AC/DC, Cómplices,… concerto que foi seguido de preto por centos de persoas.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Na derradeira xornada desta XXVIII edición A Boalleira voltou a facer un pasarrúas e o Grupo de pop-rock Acevendos Delgados fixo unha actuación musical para amenizar o inicio do xantar na carpa do porto, e tamén a esa mesma hora iniciose o obradoiro infantil de Mini-chef, onde os máis pequenos puideron participar na creacións e pratos e traballar na cociña.

    O cómico Roi Borrallas ofreceu un espectáculo moi especial e animado para a mocidade e adultos, unha velada de maxia e diversión amenizando o xantar aos asistentes contando coa súa complicidade, seguido dunha segunda actuación de Acevedos Delgados.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Xa pola tarde entre as 17:00h e 20:00h os máis pequenos tiveron novamente a oportunidade de gozar coas instalacións de inchables acuáticos, unha nova proposta infantil incorporada nesta edición e que contou cunha boa aceptación e acollida.

    Ás 19:00h Peter Punk e Brais das Hortas realizaron un concerto de Punkinfantil no exterior da carpa, contando con máis dun centenar de asistentes.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Como peche da festa, celebrouse a Noite de Fado, coa actuación estelar de Celina da Piedade, recoñecida artista portuguesa que ofreceu unha viaxe pola música tradicional portuguesa co seu acordeón, un concerto íntimo e directo que voltou a encher a carpa do porto, cun público moi entregado á música portuguesa, ao remate o Alcalde da Guarda entregoulle un agasallo conmemorativo a esta gran artista portuguesa.

    Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia.

    Durante toda a fin de semana A Guarda ofreceu visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, houbo unha gran feira de artesanía e tamén dispúxose dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

    Sen dúbida foi unha extraordinaria edición, superada polas expectativas iniciais e que unha vez máis puxo de manifesto o gran atractivo desta festa e da vila da Guarda para ofertar aos visitantes e locais produtos e servizos de primeira calidade. Entre os produtos máis vendidos a Langosta, con máis de 400kg vendidos, os percebes, con máis de 100kg vendidos, as zamburiñas, con máis de 70kg vendidos, os mexillóns, con máis de 130kg vendidos, e outros produtos como a Paella con máis de 370 racións ou a empanada, con máis de 900 racións.

    Tag:aguarda, Cociña mariñeira, Festa da Langosta, gastronomía, turismo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Langosta segue a ser a raíña da mesa na Guarda
    8 July, 2018

    Next post

    Máis de 650 deportistas participan do 13 ao 15 de xullo no Campionato Galego de Balonmán Praia Concello da Guarda
    9 July, 2018

    You may also like

    • O Concello colabora coa saída cultural por Chantada e Lugo para o sábado 18 de abril
      1 April, 2026
    • Descubre A Guarda nesta Semana Santa
      30 March, 2026
    • A foodtruck Sabor das Rías Baixas ofrece petiscos das festas gastronómicas
      26 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy