O VIDOC volve á Guarda en maio para a renovación de DNI e pasaporte
O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de maio para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).
Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte o próximo xoves 23 de abril de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00.
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, o mércores 6 e o martes 19 de maio. Atenderase de 9:10 a 12:30h, só con cita previa.
Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.
As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda está en vigor.



