O espectáculo 4.0 celébrase este sábado na praza do Reló
O sábado 21 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor.
A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.



