(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • A alpinista Chus Lago exerceu de madriña na IX Gala do Deporte Guardés

    A alpinista Chus Lago exerceu de madriña na IX Gala do Deporte Guardés

    • Posted by Concello
    • Categories Deporte
    • Date 7 March, 2016

    O acto incluíu o recoñecemento a cinco veciñas da vila por “toda unha vida facendo exercicio”. O presentador foi o xornalista Terio Carrera.

    Este venres celebrouse no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés que contou coa presenza da alpinista Chus Lago. Esta recoñecida deportista viguesa exerceu de madriña do acto presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera.

    Os aplausos soaron en toda a bancada despois de que o presentador fora nomeando a todos e cada un dos deportistas galardoados nesta noite que, quen verdadeiramente gañou, foi o deporte da Guarda.

    O momento máis emotivo da gala foi cando se fixo o recoñecemento a toda unha vida practicando deporte a cinco veciñas “magníficas” . Mª Asunción Alonso Portela, de 92 años; Carmen Fernández Cadilla, de 90 años; Josefina Alonso Portela, de 89; Visitación Martínez Baz, de 80; e Dolores Martínez Baz, de 76 años subiron ao escenario para recoller tan merecido galardón.

    Chus Lago quixo aproveitar a ocasión para, ademais de falar das súas andanzas en Laponia ou os seus futuros proxectos, mandar unha mensaxe de concienciación co medio ambiente.

    A gala terminou cunha gran foto de familia con todos os galardoados acompañados pola recoñecida alpinista e polo alcalde guardés, Antonio Lomba, quen non dubidou en felicitar a todos os deportistas e tamén as súas familias e en anunciar que no próximo pleno se aprobarán, finalmente, unhas novas bolsas para deportistas que teñan que viaxar para participar en diferentes competicións.

    Relación de galardoados nesta IX Gala do Deporte Guardés

    Recoñecemento como mellores deportistas 2015:
    1. Henar Baz Lomba (judoka do majo)
    2. Aser Estévez  Cividanes  ( ciclista )
    3. Yahir Pena Peniza (judoka do majo)
    4. Alejandro Pena Peniza (judoka do majo)
    5. Rosalía Soler (natación)
    6. Carlos Lomba Míguez (loita olímpica)
    7. Lucía Ameal Pereira (portera fútbol)
    8. Carlos Reboredo Diego (judoka do majo)
    9. Brais Pereira Amorín (judoka do majo)
    10. Tecla Cadilla Acevedo ( judoka do majo)
    11. Sergio Rodríguez Teixeira (atleta)
    12. Rodrigo Conde Romero (remo robaleira)
    13. Jesús González Álvarez ( remo robaleira)
    14. Sergio Pérez Moreno ( remo robaleira)  
    15. Nuria Domínguez Asensio ( remo robaleira)
    16. Damián Alonso Alonso ( remo)     

    Recoñemento a mellor iniciativa deportiva :trail monte trega

    Recoñecemento pola súa difusión da práctica deportiva entre toda a poboación: piscina municipal : empresa transgalaica

    Recoñecemento aos mellores equipos 2015:

    Do club san xerome :

    Equipo de baloncesto feminino: campeón da liga de baloncesto fgda 2015 ( adestrador: David Parada Fernández) composto por: Jennifer Álvarez González , Celia López Camacho, Andrea Piña García, Nuria Pereira Méndez, María Fernanda García Orduña, Rosalía González Fonseca, Maria Teresa Rodríguez Barros, Maite Santos Fernández, Vanesa Martínez Dacuña.

    Equipo de atletismo: medalla de bronce no campeonato de España de campo a través 2015 ( adestrador: Roberto Martínez Trigo) composto por: Luis Antonio Sández García, Armando Verde Moreira , Borja Cadilla Lomba.

    Do club de remo robaleira ( club que actualmente ocupa no ranking nacional o 8º posto e o 1º galego)

    Equipo xuvenil masculino oro no campionato galego de ergómetros por equipos, plata no galego e nacional de bateis e oro no galego e plata no nacional de trainerillas, formado por: Rodrigo Conde Romero, Gabriel Lozoya González, Víctor Núñez Quintela, Adrián González Fernández, Noé Domínguez Pombal, Francisco Domínguez Barreiro, Fernando Rivero Álvarez, Samuel Sobrino Duarte e Fernando Verde Lomba.

    Equipo xuvenil feminino oro no campionato galego de ergómetros por equipos, en batel oro no campionato galego e plata no nacional, formado por Eva Mariño Martínez, Paula Piñeiro Varela, Raquel Comesaña Blanco e Denisse Pena Lestón.

    Equipo cadete masculino oro no campionato galego de ergómetro por equipos, en batel plata no campionato galego e bronce no nacional, en banco móvil oro no campionato galego de 4x, plata no 2- e bronce no 2x, formado por Miguel Martínez Baz, Javier Domínguez Juliani, Hugo Aldea Barbosa, Martin Barreiro Baz, Nicolás Lomba Alonso e Fernando Verde Lomba.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Apertura do prazo de inscrición para os obradoiros infantís de decoración “Nadal dos nenos”
    7 March, 2016

    Next post

    Resolución da presidencia do Padroado Municipal Monte Santa Trega de nomeamento do tribunal seleccionador da praza de limpador/a do Monte Santa Trega
    13 April, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy