A artista Natalia Golovastikova expón na Casa dos Alonso as súas paisaxes
A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición. Esta vez, a artista é unha nova veciña do Baixo Miño, Natalia Golovastikova, quen naceu en Saratov (Rusia) e mudouse en 1999 a España.
A exposición que presenta recolle numerosas paisaxes, plasmadas cunha técnica perfeccionada grazas aos seus estudos e preparación en arte. Estes cadros pódense visitar ata o próximo xoves 9 de outubro en horario de 9 a 14h de luns a venres.
A Casa dos Alonso continúa mostrando arte, sobre todo, local e do Baixo Miño, de xeito ininterrompido desde o mes de abril, mostrando o seu compromiso coa arte e cultura.



