(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A ASOCIACIÓN CULTURAL O BALUEIRO PRESENTA ESTE VENRES O NOVO XORNAL LOCAL “O BALUEIRO”

    A ASOCIACIÓN CULTURAL O BALUEIRO PRESENTA ESTE VENRES O NOVO XORNAL LOCAL “O BALUEIRO”

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, | Novas Destacadas
    • Date 13 May, 2026
    • O acto de presentación terá lugar o  15 de maio, ás 20:00 horas no Centro Cultural da Guarda

    • A publicación, impulsada por María Salinas e Alberto Carreira, busca preservar a memoria, as historias e a identidade guardesa a través do papel

    O Centro Cultural da Guarda acollerá este venres, 15 de maio, ás 20:00 horas, a presentación oficial de O Balueiro, un novo xornal local creado por María Salinas e Alberto Carreira, fundadores da Asociación Cultural “O Balueiro”.

    Este novo folleto informativo nace coa intención de converterse nun espazo de encontro, memoria e divulgación da historia, das curiosidades e das vivencias da vila guardesa. A publicación contará inicialmente cunha periodicidade quincenal e estará centrada integramente na información local da Guarda.

    María Salinas, natural da Guarda, regresou hai uns anos á súa vila natal e, xunto ao seu marido Alberto Carreira, decidiu impulsar este proxecto cultural coa vontade de “facer algo pola súa terriña”, apostando por un formato físico e perdurable fronte ao carácter efémero das redes sociais. O obxectivo é deixar unha pequena pegada que contribúa á vida social e cultural da vila.

    O xornal incluirá entrevistas, reportaxes, historias de vida, lembranzas e información de actualidade, dando protagonismo ás persoas e á identidade guardesa. Entre as seccións que conformarán O Balueiro destacan “Tómate un café conmigo”, onde os veciños e veciñas poderán compartir a súa historia e vinculación coa Guarda; “Anécdotas deportivas”; “Maletas de sueños”, dedicada ás experiencias da emigración; “Eco dos castros”, centrada no patrimonio arqueolóxico do Monte Santa Trega; ou “Tinteiro”, un espazo literario no que se irá construíndo unha historia por capítulos escrita por un guardés recoñecido co premio Xosé Neira Vilas.

    A publicación tamén contará con seccións como “Feridas”, adicada á memoria histórica da vila; espazos de “Actualidade” e “Deportes”; así como páxinas abertas á participación das asociacións locais e das distintas formacións políticas para compartir iniciativas e información de interese para a veciñanza.

    Outro dos espazos singulares do xornal estará dedicado ás bandas mariñeiras da Guarda, recollendo en cada número a historia, costumes e peculiaridades de cada unha delas. Ademais, O Balueiro incluirá unha axenda cultural, pasatempos e o particular “Horroróscopo”, unha sección en clave de humor pensada para o entretemento dos lectores e lectoras.

    Durante o acto de presentación deste venres, os asistentes poderán coñecer de primeira man máis detalles sobre esta iniciativa e recibirán tamén un pequeno agasallo simplemente por asistir ao evento.

    Paralelamente, desde a Asociación Cultural “O Balueiro” trabállase xa noutras iniciativas sociais e culturais como clubes de lectura, talleres de educación emocional para nenos e adolescentes, así como charlas e coloquios con artistas e autores. A asociación atópase tamén desenvolvendo unha páxina web e xa conta cun perfil en Facebook para informar á cidadanía sobre todas as súas actividades e novidades.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Pantalla xigante no Pavillón da Sangriña para animar ao Mecalia Atlético Guardés na final da EHF European Cup
    13 May, 2026

    You may also like

    • As visitas guiadas gratuítas polo Castro de Santa Trega retómanse pola primavera
      13 May, 2026
    • O alcalde da Guarda visita ás novas xerentes de Herrajes Martínez SL.
      11 May, 2026
    • As Letras Galegas celebra na Guarda a tradición galega con grupos da vila
      11 May, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy