A Biblioteca Municipal da Guarda engade unha sección de libros en portugués
O Concello realiza diferentes actividades para fomentar a lectura
A Concellería de Cultura e Educación do Concello da Guarda habilita unha zona de libros en lingua portuguesa na Biblioteca Municipal.
Esta sección, na que xa se distinguen diferentes novelas e tamén libros infantís, ponse en marcha dentro do programa de fomento da biblioteca levado a cabo polo Concello .
Espérase que co tempo esta sección vaia en aumento e os exemplares en portugués incrementen.
Activar a lectura
Esta iniciativa é unha máis das múltiples que o Concello da Guarda está a por en marcha para dinamizar a biblioteca municipal.
Ademais de engadir esta sección de libros en portugués está en marcha un clube de lectura tanto infantil coma adulto e sesións de contacontos para os nenos e nenas.