A Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Guarda sae a licitación
Na sesión plenaria do pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta de alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas da licitación da Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Pasaxe en Camposancos(A Guarda).
Na actualidade este espazo se atopa cedido ao Concello da Guarda por Portos de Galicia ata o 2029 e sairá a concurso público por un canon anual de 8.000 €, asumindo o mantemento, conservación e explotación do espazo.
Os criterios de adxudicación serán o incremento do canon anual e as maiores coberturas e contías da póliza do seguro das instalacións con cláusula de responsabilidade civil sobre o mínimo previsto no prego correspondente.
Deste xeito quedan aprobados os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas que servirán como base para a adxudicación deste contrato de explotación, os mesmos serán publicados nos vindeiros días na sede electrónica municipal: https://aguarda.sedelectronica.gal/info.0
O prazo de presentación de ofertas queda aberto, dende a publicación dos pregos, durante un período de 20 días hábiles, cando se procederá a apertura de sobres e posterior adxudicación á oferta presentada mellor valorada.