A carreira 15k do Atlántico rozou os 3000€ para a Asociación contra o Cancro de Páncreas
Este domingo 29 de setembro chegou a agardada 15k do Atlántico, onde máis de 600 atletas colleron a saída. Tras pasar polas fermosas paisaxes de parte do Camiño Portugués pola Costa, a liña de meta agardaba no Porto da Guarda.
A praza de San Benito foi o escenario da entrega de medallas e tamén do emotivo momento onde se deu a coñecer a recadación a favor de Un sorriso que ilumine o mundo: un total de 2.950€ para a investigación do cancro de páncreas.
Parabéns a todos e todas as participantes e o noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron nesta causa solidaria!