A Carreira San Silvestre volve este domingo 29 de decembro ao porto da Guarda
A Sociedade Atlética do Trega e o Concello da Guarda organizan esta edición desta carreira tradicional do Nadal o próximo 29 de decembro.
Celebrarase no entorno do porto do Guarda e será unha carreira apta para maiores e pequenos, sen desnivel. Por iso, convidamos ás familias a celebrar o Nadal co deporte nunha actividade festiva.
A saída será ás 11:00h no paseo marítimo cun percorrido circular duns 4 km polos paseos e sendas da costa, en dirección norte polo Museo do Mar ata Fedorento e a o sur cruzando o porto continuando un tramo pola senda litoral. Tamén haberá unha ruta paralela en formato andaina de 3 km.
A inscrición é gratuíta e poderá realizarase a través dos formularios correspondentes para CARREIRA ou ANDAINA da web (www.aguarda.es) ou no mesmo día unha hora antes da saída.
Esta edición volverá a colaborar con ACAPAN (Asociación de Cáncer de páncreas) en homenaxe a Dani con “Un sorriso que ilumine o mundo”.