A Casa dos Alonsos acolle unha conferencia e a presentación do libro “Alimentación holística” de Gloria Pérez este venres
Este venres día 2 de decembro ás 20 horas, na casa dos Alonsos, terá lugar unha conferencia e a presentación do libro “Alimentación holística”, a cargo de Gloria Pérez González.
Este venres día 2 de decembro ás 20 horas, na casa dos Alonsos, terá lugar unha conferencia e a presentación do libro “Alimentación holística”, a cargo de Gloria Pérez González.
O evento, organizado dende o concello da Guarda, servirá para presentar o novo libro escrito pola naturópata Gloria Pérez, quen ademais é especialista en dietética e nutrición, cursou Bioloxía na Universidade de Vigo e diplomouse en Ciencias Empresariais.
Nos seus libros Gloria trata temas relacionadas coa súa vida, tras ser diagnosticada de esclerosis múltiple e non recibir ningunha alternativa de curación por parte dos médicos, máis alá de medidas paliativas.
Ela decidiu non resignarse e botar man do que coñecía e no que era experta, en especial o relacionado coa súa formación como nutricionista e dietista: a alimentación. Sobre os cambios que introduciu na súa alimentación, escollendo moi ben os alimentos que inxería e cunha alimentación holística que favoreza ó corpo pero tamén á mente e ó espírito tratará a conferencia.
Dende a concellería de Servizos Sociais convídase a todos os veciños e veciñas á presentación dun libro que pode ensinarlles unha nova maneira de utilizar a alimentación para mellorar a saúde o benestar interior e exterior.