A chegada de Kirk sube a alerta a nivel laranxa
Os restos do furacán Kirk deixarán fortes ventos, chuvias intensas e moi mala mar mañá mércores. Ante o aviso laranxa o Concello da Guarda informa que o Museo Arqueolóxico permanecerá pechado. A foratleza de Santa Cruz, o Centro cultural e os seus xardíns permanecerán pechados ata as 15:00h.
Prégase a todos os veciños máxima precaución en parques e zonas arboladas, e en especial en toda a franxa litoral, evitando en todo momento os diques e paseos onde suba a forza do mar.
A AEMET activa o nivel amarelo por chuvias intensas e vento no Baixo Miño. A partir das primeiras horas da tarde deste martes 8 de outubro agárdase un empeoramento do tempo.
Pódense acumular 60 litros por metro cadrado en 12 horas, incluso chegar aos 15 litros por metro cadrado nunha hora. En canto ao vento, os refachos poden superar os 80 km/hora.
Rogamos precaución e prudencia ante este fenómeno meteorolóxico adverso que afectará a toda Galicia.