A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
A churrería Santa Tecla de Sonia Barbosa súmase o próximo sábado á foodtruck da praza de Avelino Vicente. Este posto ofrecerá churros e chocolate quente para completar a cea co sándwich “Galicia en pan” de Juan Collazo.
Trátase dunha colaboración coa Comisión das Festas do Monte, polo que parte do prezo de 4€ por ducia de churros irá destinado á organización, así como do resto da oferta do posto.
Agardámosvos o próximo sábado 4 de abril de 19:00 a 23:00 na praza de Avelino Vicente.



