A CONCELLERÍA DE DEPORTE RETOMA AS ANDAINAS 2015
A Concellería de Deportes organiza a actividade “ANDAINAS 2015” que oferta oito andainas ó longo do presente ano. En febreiro deu comezou e nos meses de xullo e agosto esta actividade paralizouse polo verán e continua coa sexta andaina en setembro.

Todos os interesados en realizar a tres andainas previstas deben inscribirse previamente ata o xoves 27 de agosto. A inscrición realízase no Concello co departamento de deporte, tamén pódese contactar no tel. 986.610.000 (deporte) ou a través dun email a deporte@aguarda.es
O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Teñen prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas.
O venres 28 de agosto elaborarase a relación de participantes que serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o venres 4 de setembro para efectuar o pago da actividade.
Listado de andainas:
- 12 de SETEMBRO: ANDAINA 6: FRAGA DE COIRO (CANGAS)
- 3 de OUTUBRO: ANDAINA 7: ROTEIRO POLOS MONTES DA PEDRADA E DA MAGDALENA (TOMIÑO)
- 7 de NOVEMBRO: ANDAINA 8: FARO BUDIÑO E ROCHA DO PIANISTA (OPORRIÑO)
DESCARGAR neste enlace a descrición da segunda quenda das ANDAINAS A GUARDA 2015 para máis info.