A curta documental LGBT ‘Historias silenciadas’ xa está dispoñible en Youtube
“Historias Silenciadas” é unha curta documental creada para conmemorar o día do Orgullo 2024 na Guarda. Nela, 10 persoas LGBT+ da vila comparten as súas experiencias, ideas, necesidades e desexos dende o máis íntimo.
A curta foi presentada o Día do Orgullo no Centro Cultural da Guarda, sendo todo un éxito de asistencia, polo que agora estará dispoñible en YouTube para toda persoa que queira vela: https://youtu.be/Hdvh7Utry7Q?si=3iXDsSDubXH-R42j
Esta curta enmárcase dentro do proxecto A Guarda Diversa e está liderada polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), executada pola cooperativa Outrora e financiada polo Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.
A equipa da curta está protagonizada polas compañeiras de Outrora cooperativa. Da dirección e produción encargáronse An Diz Neira e Nuria Martínez Lomba, mentres que da gravación e montaxe foi Eire Cid.