(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Sen categoría

    • Home
    • Sen categoría
    • A Deputación cumpre novos compromisos coa gGarda coa remodelación dos accesos á Praia do Muiño e a humanización das rúas Vigo e Celta

    A Deputación cumpre novos compromisos coa gGarda coa remodelación dos accesos á Praia do Muiño e a humanización das rúas Vigo e Celta

    • Posted by prensa
    • Categories Sen categoría
    • Date 6 August, 2020

    O proxecto medioambiental de Visit Miño en Camposancos responde á demanda histórica de rexeneración da zona ”onde as persoas e a natureza son agora o centro de todo”

    Carmela Silva: “Na Deputación cremos que as administracións públicas están para transformar e este tipo de proxectos conségueno”

    Uxío Benítez destacou o papel da cooperación transfronteiriza “para o desenvolvemento económico, ser máis fortes e impulsar proxectos para atraer visitantes”

    Antonio Lomba: “este acceso á praia do Muíño para desfrute dos usuarios da praia será completado ao finais de verán cuns novos módulos de socorrismo e baños”

    “Son dúas actuacións que responden a demandas históricas da Guarda, que permiten reformular zonas estratéxicas polo seu interese turístico e medioambiental, no caso da praia do Muiño, e pola mellora de espazos públicos no caso da humanización do entorno das rúas Vigo e Celta”. Así resumiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva “os dous compromisos cumpridos da Deputación coa Guarda”, despois de coñecer xunto ao deputado e Director da AECT Uxío Benítez e o alcalde Antonio Lomba, o resultado das obras que supoñen un investimento total de 700.000 euros, e que responden ao modelo da institución de seguranza viaria, respecto medioambiental, recuperación da contorna, accesibilidade e prioridade peonil.

    A presidenta inaugurou primeiro, xunto a Benítez, os novos accesos á praia do Muiño, en Camposancos, porta do espazo natural protexido do Esteiro, impulsado co proxecto “Visit Río Miño”, dentro das actuacións para a creación do “Anel Verde do Miño”, que consiste nunha rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galicia e Portugal. Supuxo un investimento de case 200.000 euros para recuperar e rexenerar toda a contorna preservando e protexendo o espazo, de alto valor ecolóxico. Tamén se mellorou a accesibilidade e os servizos de praia, a regulación do tráfico, a instalación dunha nova pasarela de madeira, a creación dunha plataforma peonil e a rexeneración do areal.

    Esta actuación permite recuperar unha das zonas máis importantes para o concello dende un punto turístico e medioambiental.

    O deputado e director da AECT remarcou os novos accesos á praia do Muíño no marco do proxecto europeo “Visit Rio Miño”, facendo fincapé na “importancia da cooperación transfronteiriza para o desenvolvemento económico da zona do Río Miño, para ser máis fortes e impulsar proxectos que nos permitan atraer máis visitantes”. Uxío Benítez asegurou que a actuación do Muíño terá continuidade porque o obxectivo é “unir a través dunha senda todo o Río Miño dende A Guarda ata Crecente e dende Melgaço ata Caminha, para que poidamos ofrecela como produto turístico transfronteirizo a todo o mundo”.

    Pola súa banda, a presidenta provincial, quen aproveitou para enxalzar o proxecto Visit Río Miño, destacou que os accesos á praia do Muíño “nada teñen que ver co que había aquí fai moi poucos meses”, xa que “transforma un lugar único para convertelo nun lugar máis que único, máis atractivo, recuperando aquilo que nos regalou a natureza e aquí ten un valor incalculable. Na Deputación cremos que as administracións públicas están para cambiar, transformar, mellorar e crear riqueza e este tipo de proxectos conségueno”.

    Nesta mesma liña incidiu Antonio Lomba, asegurando que a actuación trátase “dun soño cumprido”. O alcalde destacou que “as administracións públicas temos que impulsar actuacións acordes co lugar onde estamos, e creo que este proxecto é merecedor do cualificativo de sobresaínte, porque está moi ben integrado co medio ambiente e presta un servizo de interese”. Así, Lomba recordou que “non fai moito esta zona era un terreiro, sen espazo para as persoas e nós queríamos recuperala para o tránsito peonil e para conectar tamén a senda litoral e a fluvial do río Miño”.

    A presidenta, o deputado e o alcalde tamén percorreron a nova actuación de mellora da mobilidade e da seguridade na contorna das rúas Vigo e Celta, financiada co Plan DepoRemse da Deputación nun 85% e co Plan Concellos nun 15%, cun investimento total de preto de 500.000 euros. Deseñouse unha zona destinada ao tránsito peonil e á seguridade viaria nun espazo que conta con numerosas dependencias e equipamentos públicos como o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón municipal, o IES e o CEIP A Sangriña, amais do estadio municipal, lugares frecuentados por moitas persoas, na súa grande maioría rapazas e rapaces, que utilizan estas instalacións.

    Nesta obra, xa rematada na súa totalidade, executouse unha beirarrúa e unha senda peonil, pasos de peóns, resaltes de calmado de tráfico, zonas de estacionamento e apostouse pola circulación en sentido único. Tamén se executou a recollida de pluviais, a renovación e reposición dos servizos urbanísticos, mobiliario urbano, saneamento, abastecemento, pluviais, redes de telecomunicación, sinalización, xardinaría, electricidade e iluminación.

    Tag:A Guarda, accesos o muíño, deporemse, deputación, Obras, visit minho

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda ofrece visitas guiadas ao casco histórico ao longo do mes de agosto
    6 August, 2020

    Next post

    Este sábado as Festas do Monte estarán presentes na rede a través dun Magazine Especial
    6 August, 2020

    You may also like

    • O VIDOC volve á Guarda en maio para a renovación de DNI e pasaporte
      16 April, 2026
    • O espectáculo 4.0 celébrase este sábado na praza do Reló
      18 March, 2026
    • A unidade móbil de ITV estará en abril na Guarda para a revisión de ciclomotores
      18 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy