A Deputación de Pontevedra organiza unha Networking para analizar como as redes sociais poden axudar a PEMES e Autónomos
Hai cursos sobre comercio electrónico, estratexias de e-mail marketing, aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal, venda on-line sen intermediarios, posicionamento SEO, edición de fotografía, Google Analytics, aplicacións para o sector agrario e gandeiro ou Facebook Ads.
A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.
Para acadas os obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ao colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de actuacións baseadas na formación e eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Así, o mércores, 20 de xaneiro, a Deputación organiza unha networking para fomentar entre as pemes e autónomos da provincia de Pontevedra o emprego das redes sociais como canles de venta. Esta xuntanza comezará ás 10,30 horas coa presentación do CPAE 2.0 a cargo do deputado provincial Francisco Javier Dios Pomares e estará capitalizada por Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera S.A.U. que impartirá, ás 10,45, unha conferencia titulada “Como poden axudarme as redes sociais a comunicar mellor e vender máis”.
Tamén durante o mes de xaneiro, a Deputación está a organizar vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías, impartindo nos seus seis centros, cursos sobre comercio electrónico, estratexias de e-mail marketing, aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal, venda on-line sen intermediarios, posicionamento SEO, edición de fotografía, Google Analytics, aplicacións para o sector agrario e gandeiro, Facebook Ads, optimizar o mail para mellorar a percepción dos clientes, seguridade da información, xestión de redes sociais con hootsuite, Google Adwords, creación de páxinas web, almacenamento na nube ou conta de gmail.