A directiva do Centro Galego ‘O noso lar’ de República Dominicana visitaron hoxe o Concello da Guarda
O presidente do Centro Galego “O noso lar” da República Dominicana, Antonio Sánchez, acompañado do vicepresidente, Eduardo Pahino e do tesoureiro, Manuel Otero, visitou o Concello da Guarda esta mañá.
Durante esta visita institucional, a directiva de “O noso lar” reuniuse co alcalde e varios concelleiros da Guarda para intercambiar opinións e ver a posibilidade de incrementar proxectos e colaboración no futuro.
Este Centro Galego conta coa sede principal en Santo Domingo, mais ten representantes en varias zonas, como Punta Cana. Deste xeito, A Guarda poderase achegar máis a República Dominicana, onde residen preto de 3.000 galegos e galegas. Ademais, non hai que esquecer a conexión que tiveron guardeses e guardesas con este país xa desde hai máis de 150 anos.